Recoñecementos médicos para as licencias: Concerto FGB-SEGAPREL

CIRCULAR Nº 10 Temporada 07-08

Destino: Delegaciones Zonales y Clubs.

Asunto: Reconocimientos Médicos.

La presente circular se emite con el fin de informarles que la Federación Gallega de baloncesto ha llegado aun acuerdo con la compañía SEGAPREL, para efectuar los Reconocimientos Médicos a todos aquellos deportistas que así lo soliciten.

El reconocimiento médico consistirá en:

- Exploración física general.

- Electrocardiograma.

- Audiometría.

- Control de visión.

- Espirometría.

El coste por reconocimiento (Previa cita) será de 30,00€ (por deportista)

Si el reconocimiento se quiere realizar con una analítica de sangre y orina entonces el coste será de 36,00€ (deberá solicitarse específicamente con la cita).

Se adjuntan listado de clínicas en toda Galicia.

Santiago, 17 de Septiembre 2007


Fdo. Miguel Blanco Requeijo

Secretario General

 

Os centros médicos de recoñecemento situados no territorio da DVB son:

CENTROS PROPIOS SEGAPREL

SEGAPREL VIGO: Rúa Castelar, 3- bajo. 36201 - Vigo. Tfno: 986 430 417. Fax: 986 228 118

SEGAPREL MOAÑA: Rúa Ramón Cabanillas, 125. 36950 - Moaña. Tfno: 986 313 637. Fax: 986 315 179

SEGAPREL CANGAS: Avda.de Marín, 18 - 1º. 36940 - Cangas. Tfno: 986 304 344. Fax: 986 304 344

SEGAPREL PONTEAREAS: Rúa Reveriano Soutullo, 3 - 1º. 36860 - Ponteareas. Tfno: 986 640 516. Fax: 986 640 516

———————————

CLÍNICAS COLABORADORAS SEGAPREL

CLÍNICA SAN TELMO: Rúa Calvo Sotelo, 1. 36700 - Tui. Tfno: 986 60 22 55. Fax: 986 609 003

CLDMELAB: Rúa Manuel Rodríguez, 80 Bajo. 36400 - Porriño. Tfno: 986 335 961. Fax: 986 344 745.

Comentarios

Ligazóns corrixidas

Corrixidas as ligazóns seguintes:

C.B. Seis do Nadal Coia

http://www.seisdonadalcoia.com

 

C.B. San José de la Guía

http://cbsanjosedelaguia.blogspot.com

Comentarios

A categoría Sénior Zonal Feminina espera por ti…

Non esperes ti por ela:wink:

Sénior feminino

Prazo de inscrición ata o 15 de Outubro

Comentarios

Prazos de inscrición nas competicións zonais da DVB

 

Os prazos de inscricións de equipos nas Competicións Zonais da DVB son:

Senior Zonal División A e B:

ata o venres, 28 de Setembro 2007

Reunións de preparación da competición:

Martes, 2 de Outubro:

División A ás 20.00 horas e División B ás 20.30 horas na sé da DVB.

Resto de categorías (Sénior Feminino, Júnior masculino e feminino, Cadete masculino e feminino, Infantil masculino e feminino, Alevín mixto e feminino e Benxamín mixto):

ata o luns, 15 de Outubro 2007

Reunións de preparación da competición:

Comunicaránse oportunamente

Notas:

  • As competicións zonais de Júnior e inferiores non poden comezar ata o remate das Ligas Previas de cualificación para as Ligas Galegas FGB.
  • Os equipos inscritos nestas Ligas Previas non cualificados finalmente para as Ligas FGB fican automaticamente inscritos tamén nas competicións zonais (senón expresan o contrario)

Comentarios

Normas básicas do seguro deportivo da FGB en Sénior e Júnior

Circular seguro deportivo

 

Clínicas concertadas con este Seguro

⇒(’Lea o resto do artigo »’)

Comentarios

O sitio web para dar de alta o seguro da Xunta está xa activo

 

O sitio web da Dirección Xeral para O Deporte da Xunta da Galiza (Deporte Escolar Galego - Competición deportiva) xa está activo para poder dar de alta os seguros deportivos dos xogadores/as e corpo técnico das categorías Cadete e Infantil (e por suposto de Alevín e Benxamín, que finalmente tamén estará coberto por este seguro institucional).

www.deporteescolargalego.org

  • Os asegurados na tempada pasada conservarán o seu mesmo número de afiliación. Soamente tense que trocar a tempada (e se cambia, a categoría)
  • Ollo cos trocos de clube! O clube de orixe terá que dar de baixa primeiro ao xogador/a para que o clube de destino poida darlle de alta finalmente. Esta xestión é imprescindible.
  • Lémbrese que no Servizo de Deportes da Xunta da Galiza da Casa do Deporte de Vigo, polas mañás, haberá unha persoa que atenderá tódalas as dubidas e problemas que se atopen nas xestións a realizar neste sitio web. Télefono 986208568

Comentarios

Bases de Competición para as LIGAS PREVIAS DVB 2007-2008

NORMAS COMÚNS

  1. Non se aceptará o aprazamento de ningún partido incluíndo aqueles nos que se teña que utilizar xogadores-as en categorías superiores.
  2. Para todas estas ligas previas o horario de sinalamento de comezo dos partidos é o seguinte:

Sábados e Domingos de 10:00-12:30 e de 16:00-20:00

  1. O prazo para a comunicación á DVB das horas de xogo dos partidos remata os mércores as 19.00 horas.  Pasada dita hora o partido do que non se teñan noticias será desprogramado e proposto como perdido ao equipo locatario.
  2. Non é necesario o uso do aparello de 24 segundos. Esta regra de xogo será atendida manualmente polo cronometrador do partido.
  3. O balón BADEN bicor de coiro é perfectamente válido para estes partidos

⇒(’Lea o resto do artigo »’)

Comentarios

Documentación necesaria para inscribi-los equipos

Dado que o día 7 pechámo-lo plazo para a inscrición nas Ligas Previas DVB ás Ligas Galegas correspondentes, coa intención de empezar a xogar o fin de semana seguinte, o prazo para a presentación da documentación necesaria remata o mesmo día 7. Hai que lembrar a carencia do seguro deportivo que é de 5 días.

A documentación a presentar pódese atopar para a súa descarga na web da FGB ou premendo nos enlaces correspondentes. Os documentos precisos son:

Se o club ó que pertence ó equipo é a primeira vez que participa en competicións autonómicas, ademáis deberá presentar a seguinte:

Toda esta documentación deberá vir acompañada do correspondente xustificante de ingreso na conta bancaria da F.G.B. (CaixaGalicia: 2091 - 0392 - 90 - 3040002932) das cantidades preceptivas1. Lembramos que en categorías cadete e inferiores as licenzas non teñen custo algún, só hai que abonar a inscrición e o aval (só un aval por club no equipo de maior categoría). Non se recollerá documentación algunha se non se efectúa e documenta previamente o pago bancario correspondente.

En beneficio de todos prégase acelera-los trámites.

  1. Se se precisa dun presuposto, prégase que se contacte coa DVB previamente [*]

Comentarios

Débedas de algúns clubes

Non deixaremos de reiterar que aínda hai algúns clubes con débedas pendentes de abonar ao Comité de Árbitros ou mesmo á DVB.

E estes, sexan da categoría ou tipo e importancia que teñan, deben ter ben en conta que:

A súa inscrición na FGB non será aceptada nin tramitada no entanto que ditas débedas non desaparezan

Comentarios

Ligas previas DVB de cualificación para as ídem Galegas

Os clubes interesados en participar nas Ligas previas DVB, imprescindibles para ter opción á cualificación nas Ligas Galegas de Junior, Cadete e Infantil tanto masculino como feminimo deberán apresurarse en comunicar a súa inscrición en ditas ligas, xa que o prazo de inscrición nelas remata o 7 de setembro do 2007 ás 18:45.

Lémbrase que soamente se pode inscribir un equipo por club en cada unha das categorías.

Nesa mesma data celebraránse as reunións preparatorias de ditas ligas previas de acordo co seguinte horario:

JUNIOR MASCULINO: 19:00

JUNIOR FEMININO: 19:20

CADETE MASCULINO: 19:40

CADETE FEMININO: 20:00

INFANTIL MASCULINO: 20:20

INFANTIL FEMININO: 20:40

A documentación, licencias e trámites federativos de tódolos equipos deberá estar realizada antes de dita data. Lémbrase que os pagos das obrigas económicas deberanse realizar na conta da FGB -e xustificarse por escrito- antes da presentación das licencias e inscrición.

Esta DVB ten previsto o comezo destas competicións no fin de semana do día 15 de Setembro.

Comentarios