Conferencias co gallo da Copa LEB Bronce



Este encontro permitirá aos participantes gozar dun completo programa que comprende:19:30 h - Explicación da planificación do adestramento do Real Club Celta Vigourbán polo seu corpo técnico seguida dun Scouting do seu próximo rival.
20:00 h - Asistencia ao adestramento do Real Club Celta Vigourbán, explicación e participación puntual no desenrolo do mesmo
21:30 h - Charla - coloquio co corpo técnico do Real Club Celta Vigourbán.
Os interesados en aproveitar esta xornada, para a que se ofertan prazas limitadas, deberán efectuar a súa correspondente inscrición na delegación viguesa da Federación Galega de Baloncesto.
Acusamos recibo desta nova oferta de recoñecementos médicos para a seguridade de todos (clubes, xogadores/as, pais e nais e para a propria FGB que obrigatoriamente ficará reflectido na licencia de xogo). Temos que deixar ben claro que o estamento federativo non participa de xeito algún económicamente nestas ofertas médicas. Máis ben ao contrario, xestiona mellores prezos para o nosos deportistas, ou os seus clubes ou pais e nais.
Oferta do Dr. Juán José Crespo da Clínica Deportiva Fátima de Vigo
Aínda que coa maioria das imaxes perdidas (que tentaremos repoñer pouco a pouco) e algúns detalles de traducción, despois do desastre no sitio de aloxamento (que provocou unha desfeita total) estamos de volta…
Un pouco de paciencia na restauración de tódolos contidos. Graciñas.

Comunícase que o novo número de teléfono de atención ao público do Comité Vigués de Árbitros de Baloncesto é:
O antigo deixará de estar operativo en breve polo que se desaconsella o seu uso.