Queres gañar até 500 euros mensuais no Comité Vigués?

Árbitro

 

O Comité Vigués de Árbitros de Baloncesto, e por ende tódolos Comités Zonais da FGB,  presenta unha nova modalidade de pago para o seus árbitros e oficiais de mesa:

Tarifa plana mensual

Con esta modalidade, e segundo a dispoñibilidade ofrecida ao Comité para a realización de partidos (en tres opcións posibles) poderase gañar dende 200 até 500 euros mensuais.

Esta modalidade está aberta tanto aos colexiados actuais coma ás novas incorporacións de árbitros e oficiais de mesa, despois da realización dos cursos de capacitación necesarios para obter a licencia. Aqueles/as interesados/as poden obter máis información na oficiña de CVAB sita na rúa San Francisco, 49 -2º esda. de 20.00 a 21.00 horas de luns a venres.

Lémbrase que o vindeiro luns, día 8 de setembro, ás 18,00 horas nos locais do CVAB comeza o primeiro curso de árbitros e oficiais de mesa desta temporada.

 

Comentarios

Clasificación de Clubes D.V.B. por puntos 2007-2008

Nesta clasificación de fin de temporada téñense en conta (segundo o baremo de puntos en descenso unitario nas clasificacións zonais finais) os equipos participantes de cada clube e, por suposto, os resultados deportivos.

Na pasada temporada 2007-2008, os tres primeiros clasificados foron:

1º C.B. Seis do Nadal Coia - 179 puntos

2º Porriño B.B. - 175 puntos

3º C.B. Baiona - 117 puntos

Noraboa aos tres clubes pola súa excelencia e participación nas competicións da D.V.B.

 

Comentarios

Seleccións DVB nas xornadas finais

Comentarios

David Guillán, 25 anos de arbitraxe

Co gallo do cumprimento de 25 anos de arbitraxe do vigués David Guillán, e en presencia dos seus compañeiros e compañeiras do Comité Vigués, lle foi entregado o mércores 18 de xuño de mans do presidente da FGB, Francisco Martín, unha lembranza conmemorativa desta celebración, como símbolo dun labor continuado e tenaz a prol da arbitraxe do baloncesto galego e da FEB.

Comentarios

Cadro de Honra da DVB 2007-2008

Comentarios

As Seleccións da DVB gañan todos os seus partidos en Baiona

Bo traballo de xogadores, xogadoras e técnicos. As catro seleccións da DVB das categorías Precadete e Preinfantil gañaron todos os seus partidos xogados na segunda concentración do Grupo Sur do campionato galego de Seleccións Zonais, celebrada (coa excelente colaboración do C.B. Baiona, Concello de Baiona e Concello do Porriño) na vila baionesa o sábado, día 14 de Xuño.


                                               INFANTIL     CADETE
Vigo - Ourense     Feminina     65-28     65-55
Vigo - Ourense     Masculina    59-35     51-49
Arousa - Ourense     Feminina     33-34     33-44
Arousa - Ourense     Masculina     65-44     45-56
Vigo - Arousa     Feminina     62-22     73-27
Vigo - Arousa     Masculina     55-32     61-58


Con estes resultados lideran as catro clasificacións do Grupo Sur e disputarán a primeira rolda da última concentración fronte ao cuarto clasificado do Grupo Norte.

 

Comentarios

Finais do Trofeo Deputación de Pontevedra de Minibásquet

Os encontros disputáronse no Pavillón da Escola de Maxisterio de Pontevedra o mércores 11 entre os campións das delegacións Arousana e Viguesa. Así ás 18:00 a final masculina enfrontou ó Marín Peixe Galego contra o Autoescola Coia Seis do Nadal, resultando vencedores os vigueses.

O segundo partido celebrouse ás 19:30 h entre o Seis do Nadal A e o Arxil, sendo o resultado final 47-38 favorable tamén as viguesas, co que o Club Seis do Nadal Coia fixo pleno levándose os dous campionatos provinciais. Entregou os trofeos e medallas o deputado provincial encargado de deportes, Sr. Sotelo.

Trofeo Deputación de Pontevedra de Minibásquet

Comentarios

As Seleccións da DVB: Segunda Xornada en Baiona (14 de Xuño)

 

 

Precadete feminino

Preinfantil feminino

 

Precadete masculino

Preinfantil masculino

⇒(’Lea o resto do artigo »’)

Comentarios

Día do Minibásquet 2008 - Descarga de Calendarios e Normas básicas

 

Descarga do documento de Word cos calendarios de xogo e normas básicas.

Comentarios

Día do Minibásquet 2008

O sábado, día 31 de maio temos unha cita anual co baloncesto na súa pura esencia:

O Día do Minibásquet

Co obxectivo só de pasalo ben, xogar, e de cando en vez, Laughing Out Loud acadar unha canastra, 40 equipos daranse cita na mañana do sábado nos Colexios Marista ‘El Pilar’ (categoría alevín mixto e feminino) e Compañía de María ‘La Enseñanza’ (categoría benxamín mixto).

Os calendarios de xogo e normas básicas enviaranse por correo-e aos equipos de clubes inscritos.

E non temos medo á chuvia! Os nenos e nenás máis pequenos estarán a coberto na Compañía de María. Para o Colexio Marista, temos un plan alternativo en caso de chuvia.

Esperámovos alí!

Colaboradores: O Comité Vigués de Arbitros, a Concellería de Deportes de Vigo, BEGANO Coca-cola, Cruz Vermella de Vigo e Jalda Deportes.

Comentarios