Campionato Galego de Seleccións Zonais - Segunda Concentración n’O Porriño
A sempre hospitalaria vila d’O Porriño acollerá mañá día 1 de maio o triangular VIGO-SANTIAGO-FERROL da segunda concentración do Campionato Galego de Seleccións Zonais.
A DVB e a FGB quere manifestar o seu agradecemento ao Concello d’O Porriño pola súa amabilidade, e en concreto na Concellería de Deportes e Xerencia das Instalacións deportivas (- D. Julio César Bernárdez sempre tan receptivo ás nosas peticións-).





Moitas grazas tamén a tódolos clubes desta Delegación polo seu traballo constante e coidado que permite a esta DVB contar cuns xogadores e cunhas xogadoras de altísima calidade e entusiasmo. O noso agradecemento pola paciencia amosada coas chamadas e concentracións realizadas polo corpo técnico das nosas seleccións, sempre en busca do mellor escaparate do baloncesto da zona da DVB, espello do que os nosos clubes saber facer e o fan tan ben.