Arquivo de Abril, 2009

Campionato Galego de Seleccións Zonais - Segunda Concentración n’O Porriño

A sempre hospitalaria vila d’O Porriño acollerá mañá día 1 de maio o triangular VIGO-SANTIAGO-FERROL da segunda concentración do Campionato Galego de Seleccións Zonais.

A DVB e a FGB quere manifestar o seu agradecemento ao Concello d’O Porriño pola súa amabilidade, e en concreto na Concellería de Deportes e Xerencia das Instalacións deportivas (- D. Julio César Bernárdez sempre tan receptivo ás nosas peticións-).

 

 

 

 

Moitas grazas tamén a tódolos clubes desta Delegación polo seu traballo constante e coidado que permite a esta DVB contar cuns xogadores e cunhas xogadoras de altísima calidade e entusiasmo. O noso agradecemento pola paciencia amosada coas chamadas e concentracións realizadas polo corpo técnico das nosas  seleccións, sempre en busca do mellor escaparate do baloncesto da zona da DVB, espello do que os nosos clubes saber facer e o fan tan ben.

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

Remitido: IX Torneo Internacional CAIXANOVA de Minibásquet “COIA”

IX Torneo Internacional CAIXANOVA de Minibásquet “COIA, núcleo de Baloncesto en Vigo”

MÁIS DE 400 DEPORTISTAS, 32 EQUIPOS, 16 CLUBES E ENTIDADES, E MÁIS DE 60 TÉCNICOS

 

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará nesta tempada 2008/09 o IX Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet “Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo”, unha cita anual do club coas categorías inferiores que se celebrará os próximos días 2 e 3 de maio.

Este Torneo de Minibásquet, un dos torneos con maior tradición e prestixio da comunidade galega, que cumpre xa a súa novena edición, reunirá na fin de semana do 2 e 3 de maio ás meiores canteiras de baloncesto da cidade de Vigo, da comunidade autónoma de Galicia e de Portugal, reunindo a máis de 400 deportistas e ao redor de 60 técnicos.

Nesta edición o torneo terá como marco dos encontros os Baixos do Estadio Municipal de Balaídos, contando cun total de 4 pistas nas que se xogarán 42 partidos ao longo das dúas xornadas.

Serán 30 equipos, pertencentes a 16 clubes e entidades distintas de Vigo, Galicia e Portugal, os que participarán no torneo:, 12 equipo en categoría feminina que competirán o sábado 2 de maio, outros tantos en categoría masculina que terán o seu turno de xogo o domingo 3 de maio, e 8 equipos de categoría benxamín participarán no IV Torneo Benxamín.

Como preámbulo a esta 9ª Edición do Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet, o venres 1 de maio no Colexio Seis do Nadal terá lugar este IV Torneo Internacional Caixanova Benxamín “Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo”. Serán os máis pequenos os que den o pistoletazo de saída a unha fin de semana repleta de baloncesto e moita convivencia.

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

Remitido: Unha nova marea vermella

 

 

INICIATIVA MAREA ROJA

Rogamos hagáis eco en vuestros medios de que para el próximo encuentro del día 18 ante el LOBE HUESCA se recupera la iniciativa MAREA ROJA.

 

Es importante para nuestro club conseguir el ambiente de otras noches en As Travesas y que la afición lleve en volandas a nuestros jugadores en tal importante cita.

Recuerda: Prenda roja, entrada gratuita.

GESTIBERICA VIGO – LOBE HUESCA

Jornada 28 Adecco Leb Plata

Viernes 19 Abril – 21.00

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos