Arquivo de Setembro, 2008
Memoriais “Ico Tapias” e “Horacio Silva” 2008


O baloncesto vigués honra anualmente a estas dos queridas figuras malogradas de nuestro baloncesto…
Así pois este ano, coa colaboración do clube Porriño B.B. e o Concello de O Porriño, os dous Memoriais serán do seguinte xeito:
MEMORIAL “ICO TAPIAS”
Sábado, 20 de setembro, as 10.00 horas no Pavillón Municipal de O Porriño
Partido feminino 3X1 entre
Canteiras Porriño Liga FGB-Pabellón de Ourense-Canteiras Porriño Junior
MEMORIAL “HORACIO SILVA”
Luns, 22 de setembro, as 21.15 horas no Pavillón Municipal de O Porriño
Partido masculino entre
Canteiras Porriño Liga FGB-C.B. TUI Liga FGB
Charlas para Adestradores e Monitores no C.B. Seis do Nadal Coia
PRIMEIRAS CHARLAS DE FORMACIÓN PARA ADESTRADORES E MONITORES

No mes de setembro, adicado especialmente aos adestradores e adestradoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia neste inicio de tempada, a Dirección Deportiva organizará diversas charlas técnicas como formación complementaria para tódolos técnicos. As primeiras charlas que o noso corpo técnico recibirá serán o próximo domingo 7 de setembro a partir das 17:00 horas no Colexio Celso Emilio Ferreiro.
Senior Zonal DVB masculino 2008-2009

A data límite de inscrición do Campionato Zonal Senior Masculino é o 30 de setembro.
DATAS DE REUNIÓNS:
DIVISIÓN A: 3 DE OUTUBRO 19:30
DIVISIÓN B: 3 DE OUTUBRO 20:30
Comeza a temporada 2008-2009 na DVB

Comeza a temporada 2008-2009 na FGB e na DVB con moitas novidades nas competicións.
(’Lea o resto deste artigo »’)
D. Ernesto Segura de Luna e o Baloncesto da DVB

A DVB e o baloncesto vigués e comarca, como o resto do baloncesto do estado español e galego, tamén sinte o pasamento de D. Enesto Segura de Luna.
A súa longa labor dirixente no baloncesto hispano ficará sempre coma testemuña da súa valía e bo facer como base á antiga usanza do equipo directivo da FEB. Con forza, lúcido e incansable atá os últimos anos, a pesares da súa avanzada idade, amosou sempre firmeza e máis señorío. Evidentemente ninguén é perfecto, e aínda que discutibles algunhas decisións, sempre tomadas con boas maneiras e formas.
As súas precisas e axeitadas visitas ao Baloncesto vigués -e non sempre en circunstancias felices- serán lembradas polo seu seny e saber estar, sen quer causar molestias innecesarias, a pesares da súa condición de máximo dirixente do baloncesto.
Ficamos co seu sorriso e a lembranza dun excelente dirixente deportivo. E as nosas condolencias a súa familia.
Queres gañar até 500 euros mensuais no Comité Vigués?

O Comité Vigués de Árbitros de Baloncesto, e por ende tódolos Comités Zonais da FGB, presenta unha nova modalidade de pago para o seus árbitros e oficiais de mesa:
Tarifa plana mensual
Con esta modalidade, e segundo a dispoñibilidade ofrecida ao Comité para a realización de partidos (en tres opcións posibles) poderase gañar dende 200 até 500 euros mensuais.
Esta modalidade está aberta tanto aos colexiados actuais coma ás novas incorporacións de árbitros e oficiais de mesa, despois da realización dos cursos de capacitación necesarios para obter a licencia. Aqueles/as interesados/as poden obter máis información na oficiña de CVAB sita na rúa San Francisco, 49 -2º esda. de 20.00 a 21.00 horas de luns a venres.
Lémbrase que o vindeiro luns, día 8 de setembro, ás 18,00 horas nos locais do CVAB comeza o primeiro curso de árbitros e oficiais de mesa desta temporada.
Clasificación de Clubes D.V.B. por puntos 2007-2008
Nesta clasificación de fin de temporada téñense en conta (segundo o baremo de puntos en descenso unitario nas clasificacións zonais finais) os equipos participantes de cada clube e, por suposto, os resultados deportivos.
Na pasada temporada 2007-2008, os tres primeiros clasificados foron:
1º C.B. Seis do Nadal Coia - 179 puntos
2º Porriño B.B. - 175 puntos
3º C.B. Baiona - 117 puntos
Noraboa aos tres clubes pola súa excelencia e participación nas competicións da D.V.B.




