Apasionante fin de semán minibasqueteiro en Baiona

Completa información no sitio web do C.B. Baiona

Completa información no sitio web do C.B. Baiona
![]() |
Despois dunha competidísima final a dobre partido fronte ao C.B. Seis do Nadal Coia, as rapazas do C.B. Andersen convírtense no primeiro equipo campión desta temporada na DVB. |
| Como xa é tradicional neste sitio web da DVB, este feito fica reflictido nel coa nosa noraboa tanto as campionas como as subcampionas, xa que ámbolos dous equipos fixeron méritos dabondo para acadar o campionato. |

| SELECCIÓN PRECADETE FEMININA | SELECCIÓN PREINFANTIL FEMININA | ||
| Sara Méndez Martínez | Paula Fernández-Ahuja Álvarez | ||
| Andrea Otero Piñeiro | Nuria Pérez Fragueiro | ||
| Laura Alonso Fernández | Adriana Alonso Rodríguez | ||
| Noemí Veiga Novás | Marta Canella Rodríguez | ||
| Inés Canoa Prieto | Alexandra García Patiño | ||
| Carolina Teijeira Barcia | Sara Caride Carrera | ||
| Paloma Míguez Domínguez | Cristina Fernández Costa | ||
| Andrea Pérez Alonso | Celia Pérez Prieto | ||
| Alejandra Cuerdo Martínez | María García Lorenzo | ||
| Sara Pena Zamorano | Lara Piedrabuena Represa | ||
| Seleccionador: Óscar Carbajo | Seleccionador: Borja López | ||
| Ayudante: Daniel Nieto | Ayudante: Pedro A. Preciado | ||
| SELECCIÓN PRECADETE MASCULINA | SELECCIÓN PREINFANTIL MASCULINA | ||
| Pablo Vázquez | Martín Sánchez Romero | ||
| Yago Rodríguez | Alberto Abalde Diaz | ||
| Iago González | Jorge Garaizabal Fernandez | ||
| Javier Godoy | Miguel Oujo González | ||
| Héctor Martín | Andrés Pérez Prieto | ||
| Daniel Domínguez | Iker Besada Saavedra | ||
| David Díaz | Carlos Fernández Pereira | ||
| Jacobo Ucha | Miguel Crespo Pazos | ||
| Adrián Martinez | Guillermo Padín Picó | ||
| Ramón Molina | Borja Bernárdez Palmón | ||
| Seleccionadora: Paula Sangabriel | Seleccionador: Roberto Rajó | ||
| Axudante: Patricia Diez | Axudante: Natalia Pérez | ||
1ª CONCENTRACION TORNEO SELECCIÓNS ZONAIS
|
1ª Concentración: 30/03/08.- Allariz (Ourense) |
||
|
10:30 h. |
Ourense – Arousa |
Masculina |
|
12:00 h. |
Ourense - Arousa |
Femenina |
|
Xantar |
Comedor Grupo Escolar |
|
|
15:15 h. |
Vigo - Arousa |
Masculina |
|
16:45 h. |
Vigo - Arousa |
Femenina |
|
18:15 h. |
Ourense - Vigo |
Masculina |
|
19:45 h. |
Ourense - Vigo |
Femenina |
Disporanse de dous pavillóns:
- Pavillón do Instituto (Rúa Emilia Pardo Bazán.- Allariz: Categoría Infantil
- Pavillón do Concello Estrada de Xunqueira – Allariz: Categoría Cadete
A comida farase no comedor do Grupo escolar a carón do Pavillón do Concello
|
1º Turno as 13,00 2º Turno as 14,00 |
Vigo e Arousa Mas. Arousa Fe e Ourense |
PRESENTACIÓN OFICIAL DO VIII TORNEO INTERNACIONAL CAIXANOVA DE MINIBÁSQUET
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia é o organizador do VIII Torneo Internacional de Minibásquet 2008, unha cita deportiva que se celebrará os días 15 e 16 de marzo, co patrocinio de Caixanova.
A cita foi presentada na mañá do pasado martes 13 de marzo no Centro Cultural Caixanova, arroupada polo Director de Publicidade da entidade patrocinadora, Jorge Santos; o Presidente do club anfitrión, Jesús Outeiral; a súa Vicepresidenta, Mar Lago; o Director Deportivo do Seis do Nadal, Sergio González; e Aalí Mohamed, Presidente de Honra do Club.
Os poñentes, nas súas alocucións, manifestaron o impulso que torneos como o organizado polo noso club, supoñen como apoio fundamental ao deporte base. Nesta liña, Jorge Santos manifestaba o seu “público recoñecemento á labor do Club Baloncesto Seis do Nadal -Coia, polo seu número de licencias e pola promoción que fai do baloncesto”. Pola súa parte, Jesús Outeiral, agradeceu o apoio de institucións como Caixanova, “que valoran e estiman o deporte dos máis pequenos”.
Cunha traxectoria de sete anos, a experiencia é unha das grandes bazas adquiridas ao longo deste tempo. Desde que o torneo internacional comezou a rodar no ano 2001 cunha decena de equipos participantes, a metade en categoría masculina e a outra en feminina, o índice de participación foi subindo paulatinamente, coa prudencia necesaria para ir configurando un evento deportivo nas sempre delicadas categorías inferiores.
Nesta nova edición do torneo que se celebrará nesta fin de semana do 15 e 16 de marzo, doce serán os equipos que se enfrontarán nas canchas do Pavillón Municipal de Coia, no propio Colexio Seis do Nadal e no Colexio Eijo Garay. Os clubs convocados para esta fin de semana son, en categoría feminina, os equipos “A” e “B” do Seis do Nadal, Canteiras de Porriño, Maristas Celta de Vigo, Club Baloncesto Arxil de Pontevedra e G.D. Gafanha de Portugal. En categoría masculina estarán representados os clubs Marín Peixe Galego, Canteiras de Porriño, os portugueses do G.D. Gafanha e Juventude Pacense, e os equipos “A” e “B” do anfitrión Seis do Nadal.
O volume de participación alcanza máis de 150 xogadores e xogadoras, con 22 encontros que se disputarán na súa totalidade entre as dúas xornadas de sábado e domingo. A organización acompaña o Torneo Internacional coa celebración de actos paralelos que activan a dinámica do encontro en Coia, con competicións nas que se pon a proba a destreza dos xogadores, con eliminatorias de tiro libre, comidas de convivencia e un enriquecedor programa de acollida, onde as deportistas e os xogadores portugueses residen nos fogares e casas dos propios xogadores e xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.
TODO PREPARADO PARA O VIII TORNEO INTERNACIONAL CAIXANOVA MINIBÁSQUET
Xa está todo preparado para o VIII Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet “25 Anos en Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo” organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia no ano no que se celebra o seu 25 Aniversario.
Este torneo se celebrará na fin de semana do 15 e 16 de marzo. O sábado 15 terá lugar o torneo de categoría feminina nas instalacións do Colexio Seis do Nadal, do Colexio Garay e do Pavillón Municipal de Coia, e o domingo 16 terá lugar o torneo de categoría masculina no Pavillón Municipal de Coia.
Os equipos que participarán no torneo de categoría feminina serán: Seis do Nadal “A”, Seis do Nadal “”B”, G.D. Gafanha (Portugal), Canteiras Porriño (Porriño), Real Club Celta (Vigo) e C.B. Arxil (Pontevedra). En categoría masculina os equipos participantes son: Seis do Nadal “A”, Seis do Nadal “B”, G.D. Gafanha (Portugal), Canteiras Porriño (Porriño), Marín Peixegalego (Marín) e Juventude Pacense (Portugal).
Nas próximas semanas aparecerá nesta web máis información sobre os grupos, os calendarios, o reglamento do torneo, os concursos, o III Torneo Internacional Benxamín, as actividades paralelas e moitas outras novidades e sorpresas desta nova edición do Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet 2008.
