Arquivo de Xaneiro, 2008
A Federación Galega de Baloncesto ten un novo lugar de encontro e información. Estrea o seu flamante e traballado Portal informativo con novos contidos e vistosidade…
Encontro de formación para adestradores/as

Este encontro permitirá aos participantes gozar dun completo programa que comprende:19:30 h - Explicación da planificación do adestramento do Real Club Celta Vigourbán polo seu corpo técnico seguida dun Scouting do seu próximo rival.
20:00 h - Asistencia ao adestramento do Real Club Celta Vigourbán, explicación e participación puntual no desenrolo do mesmo
21:30 h - Charla - coloquio co corpo técnico do Real Club Celta Vigourbán.
Os interesados en aproveitar esta xornada, para a que se ofertan prazas limitadas, deberán efectuar a súa correspondente inscrición na delegación viguesa da Federación Galega de Baloncesto.
Os participantes deste encontro serán, ademais, invitados polo Real Club Celta Vigourbán ao encontro que enfrontará no Pavillón das Travesas dous días despois, o vintecinco de xaneiro ás 21: 00 horas, ao conxunto olívico fronte ao Extrugasa Cortegada.
