Ofrécese para descarga en formato .pdf o Regulamento de xogo polo que se rexirán as competicións de Minibásquet da FGB na tempada 2007-2008.
Descarga –> 
Despois de celebradas as reunións preparatorias das competicións zonais de Alevín e Benxamín desta Delegación os trocos regulamentarios para as mesmas son os seguintes:
BENXAMÍN:
Artigo 8.- Tempo de xogo
A cronometraxe dos 6 períodos de xogo será co reloxo sempre en marcha, excepto nos tempos mortos (1 por cada período)
Artigo 14.- Sustitucións
Aínda que non se poida cumprir co establecido neste artigo, os equipos poderán presentar un mínimo de 8 xogadores/as pero tódolos/as presentados/as terán cumprir co este artigo, é dicir, xogar polo menos dous períodos dos cinco primeiros.
Regras eliminadas que non se observarán nin se sinalará violación algunha:
-24 segundos de posesión
-8 segundos
-3 segundos en área restrinxida
ALEVÍN:
Artigo 8.- Tempo de xogo
A cronometraxe dos 5 períodos de xogo será co reloxo sempre en marcha, excepto nos tempos mortos (1 por cada período e equipo). No período sexto, os cinco primeiros minutos serán co reloxo sempre en marcha, excepto nos tempos mortos (un por equipo). Nos últimos tres minutos deste período, se o resultado amosara unha diferencia de menos o igual a 15 puntos a favor de un dos equipos, xogarianse con cronometraxe FIBA (a reloxo parado). Noutro caso, xogarianse tamén co reloxo sempre en marcha, excepto nos tempos mortos (se estiveran esgotados xa).
Artigo 14.- Sustitucións
Os equipos deben presentar coma mínimo 10 xogadores/as para cumprir coa esta regra. |