Arquivo de Xullo, 2007

Regulamento Xeral e Disciplinario da FGB

Xa está tamén dispoñible o Regulamento Xeral e Disciplinario da FGB para a temporada 2007-2008.

Ofrécese este documento en formato .pdf a título informativo, estando totalmente prohibida a súa reproducción ou publicación sen expresa autorización da FGB.

Descarga (prema) –> .pdf

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

Sistemas de clasificación para as Ligas FGB de base

Baloncesto base

 

 

Para que os clubes interesados teñan ben claro cal será a composición dos equipos nas diferentes Ligas FGB de Junior, Cadete e Infantil reproducimos aquí a normativa aprobada nas Bases de Competición. Lémbrase que os clubes xa deben ir tomando unha decisión sobre a súa participación ou non na fase previa de clasificación, que no será la competición zonal de la categoría.

 

 

 

(’Lea o resto deste artigo »’)

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

Tarifas arbitrais 2007-2008

Árbitro

 

 

 

 

Estas serán as tarifas arbitrais para a temporada 2007-2008. A grande novidade non estriba nelas senón no novo sistema de pago mensual por clube, de acordo cunha estimación do custo total dos servicios arbitrais durante toda a temporada e prorrateado por meses. Por suposto un clube poderá negociar outro sistema de pago, pero sempre que non supoña ter débeda algunha ao fin de cada mes.

Outra novidade é que as tarifas non se abonarán completas se non acuden ao partido todo o equipo arbitral cunha táboa baremo compensatorio de dita circunstancia.

 

 

 

 

(’Lea o resto deste artigo »’)

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

Cantidades a pagar ao inscribirse na temporada 2007-08

Tempo é xa de ir pensando nos orzamentos do seu clube na temporada preto de comezar. Pola súa importancia -xa que non se admitirá ningunha inscrición de clubes e/ou equipos que non abonen estas cantidades previamente á mesma- reproducimos ditas obrigas económicas dos clubes da FGB.

(’Lea o resto deste artigo »’)

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

As Bases de Competición 2007-2008 da FGB, dispoñibles xa

Xa están dispoñibles as Bases de Competición da FGB para a temporada 2007-2008.

Ofrécese este documento en formato .pdf a título informativo, estando totalmente prohibida a súa reproducción ou publicación sen expresa autorización da FGB.

Descarga (prema) –> .pdf

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

Seleccións da DVB 2007

Seleccións da DVB

Coma homenaxe a tódolos xogadores, xogadoras, seleccionadores e seleccionadoras e ao director técnico da DVB, que tan bo papel desenrolaron na cita anual do Campionato Galego de Seleccións Zonais, fica aquí esta reportaxe gráfica1 dos compoñentes das mesmas, co noso agradecimento polo seu duro traballo nas sesións de adestramento e nos partidos do campionato.

(’Lea o resto deste artigo »’)

  1. Fotos de Jorge González Marqués [*]

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

Nomeamento de Jorge Moreno como Director Xeral e Deportivo do CVAB

Remitido a CLUBES/ENTIDADES da DELEGACIÓN VIGUESA DE BALONCESTO

Pola presente comunícolles que se procedeu ao nomeamento de D. Jorge Moreno Covelo como Director Xeral e Deportivo do Comité Vigués de Árbitros e Oficiais de Mesa de Baloncesto, facendo uso das atribucións delegadas a este Presidente-Delegado.

(’Lea o resto deste artigo »’)

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

Novo sistema de competicións aprobado pola Asamblea da FGB

FGB

O pasado 8 de Xullo celebrouse en Santiago de Compostela a preceptiva Asamblea ordinaria anual da FGB (primeira desta lexislatura), a cal esperábase con certa expectación dadas as previsibles novidades que o baloncesto galego barruntaba. Importante asamblea, longa e de debate aberto e franco, coma xa demandaba a comunidade baloncestística galega. Non imos desmenuzar tódolos amplos contidos debatidos pero si deixaremos constancia dos trocos máis importantes que atinxen ao noso baloncesto de base e zonal.

(’Lea o resto deste artigo »’)

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

Benvida ao novo sitio web DVB

Benvidos/as ao novo sitio web da Delegación Viguesa de Baloncesto

Esperamos que a volta on-line do sitio web federativo pioneiro sexa de moita utilidade e unha ferramenta de comunicación entre toda a comunidade baloncestística da DVB e do baloncesto galego.

Rúa San Francisco, 49 -2º esda. Vigo 36202

Teléfono e fax 986228362

delegacionvigo@fegaba.com

Créditos e dereitos de autoría dos contidos deste sitio web (agás os contidos remitidos):

  • Agás indicado doutro xeito as imaxes reais son ©Jorge González Marqués
  • Agás indicado doutro xeito a realización, infografía e logografía son ©Alberte Zato
  • Agás indicado doutro xeito os contidos do sitio web son ©FGB-DVB

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

Vacacións na DVB

A DVB atópase nestes intres de vacacións para o seu personal -merecido descanso, evidentemente-.

Sen embargo, se precisa algo urxente ou necesita comunicarse coa DVB pode facelo mediante o seu correo-e:

 dvb@zatovisualworks.com

Na FGB en Santiago tamén será atendido polo persoal da mesma no seu horario de verán.

A DVB volverá a atender ao público o luns, 20 de Agosto a partires das 18.30 horas.

Grazas e feliz verán.

Comentarios (2) ⟲ Volver aos últimos Artigos