Arquivo de Xestión federativa

Suspendidas TODAS as LIGAS FGB e ZONAIS por mor da Situación Meteorolóxica

Suspendidas TODAS as LIGAS FGB e ZONAIS por mor da Situación Meteorolóxica

Seguindo instrucións da Consellería de CULTURA E DEPORTE da Xunta de Galicia e en vista da situación meteorolóxica da nosa Comunidade,  a Federación Galega de Baloncesto  toma a decisión de SUSPENDER A XORNADA correspondente ao fin de semana do 31 de Xaneiro e 1 de Febreiro.

Polo tanto suspéndense TODOS os encontros de carácter autonómico e zonal a disputar na nosa Comunidade Autónoma.

Así mesmo, habilítase como data de xogo desta Xornada o día 19 de Marzo do 2009.

As categorías nas que non se xogará ningunha competición son as relacionadas a continuación:

- 1ª DIVISIÓN MASCULINA.
- LIGA FGB SÉNIOR MASCULINA.
- LIGA FGB SÉNIOR FEMININA.
- LIGAS SÉNIOR ZONAIS E INTERZONAIS.
- LIGAS JÚNIOR ZONAIS, INTERZONAIS  E AUTONÓMICAS.
- LIGAS CADETES ZONAIS E AUTONÓMICAS.
- LIGAS INFANTÍS ZONAIS E AUTONÓMICAS.
- LIGAS MINIBASKET.
- LIGAS PREMINIBASKET.

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

As Clínicas POVISA e Fátima deixan de prestar servizos ao seguro ASISA

A aseguradora deportiva ASISA comunica que o único Centro Concertado de Urxencias en Vigo para este ano 2009 é o Sanatorio Nosa Sra do Perpertuo Socorro, xa que o concerto coas Clínicas POVISA e Fátima non foi renovado.

Lémbrase que Asisa é a compañía aseguradora contratada pola Xunta de Galiza para as competicións das categorías Benxamín, Alevin, Infantil e Cadete.

Isto significa que en ditas clínicas POVISA e Fátima non se atenderán lesións deportivas, e se así fose ASISA non se fará cargo da factura.

De seguido pódese descargar en formato .pdf o Cadro Médico de ASISA para a provincia de Pontevedra no 2009.

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

Circular sobre aliñación de xogadores/as nas Ligas Previas

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

Remitido: Outra oferta de Recoñecementos Médicos

Acusamos recibo desta nova oferta de recoñecementos médicos para a seguridade de todos (clubes, xogadores/as, pais e nais e para a propria FGB que obrigatoriamente ficará reflectido na licencia de xogo). Temos que deixar ben claro que o estamento federativo non participa de xeito algún económicamente nestas ofertas médicas. Máis ben ao contrario, xestiona mellores prezos para o nosos deportistas, ou os seus clubes ou pais e nais.

Oferta do Dr. Juán José Crespo da Clínica Deportiva Fátima de Vigo

(’Lea o resto deste artigo »’)

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

Novo número de teléfono do Comité Vigués de Árbitros

Teléfonos

Comunícase que o novo número de teléfono de atención ao público do Comité Vigués de Árbitros de Baloncesto é:

626613226

 

 

O antigo deixará de estar operativo en breve polo que se desaconsella o seu uso.

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

Recoñecementos médicos para as licencias: Concerto FGB-SEGAPREL

CIRCULAR Nº 10 Temporada 07-08

Destino: Delegaciones Zonales y Clubs.

Asunto: Reconocimientos Médicos.

La presente circular se emite con el fin de informarles que la Federación Gallega de baloncesto ha llegado aun acuerdo con la compañía SEGAPREL, para efectuar los Reconocimientos Médicos a todos aquellos deportistas que así lo soliciten.

El reconocimiento médico consistirá en:

- Exploración física general.

- Electrocardiograma.

- Audiometría.

- Control de visión.

- Espirometría.

El coste por reconocimiento (Previa cita) será de 30,00€ (por deportista)

Si el reconocimiento se quiere realizar con una analítica de sangre y orina entonces el coste será de 36,00€ (deberá solicitarse específicamente con la cita).

Se adjuntan listado de clínicas en toda Galicia.

Santiago, 17 de Septiembre 2007


Fdo. Miguel Blanco Requeijo

Secretario General

 

Os centros médicos de recoñecemento situados no territorio da DVB son:

CENTROS PROPIOS SEGAPREL

SEGAPREL VIGO: Rúa Castelar, 3- bajo. 36201 - Vigo. Tfno: 986 430 417. Fax: 986 228 118

SEGAPREL MOAÑA: Rúa Ramón Cabanillas, 125. 36950 - Moaña. Tfno: 986 313 637. Fax: 986 315 179

SEGAPREL CANGAS: Avda.de Marín, 18 - 1º. 36940 - Cangas. Tfno: 986 304 344. Fax: 986 304 344

SEGAPREL PONTEAREAS: Rúa Reveriano Soutullo, 3 - 1º. 36860 - Ponteareas. Tfno: 986 640 516. Fax: 986 640 516

———————————

CLÍNICAS COLABORADORAS SEGAPREL

CLÍNICA SAN TELMO: Rúa Calvo Sotelo, 1. 36700 - Tui. Tfno: 986 60 22 55. Fax: 986 609 003

CLDMELAB: Rúa Manuel Rodríguez, 80 Bajo. 36400 - Porriño. Tfno: 986 335 961. Fax: 986 344 745.

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

Normas básicas do seguro deportivo da FGB en Sénior e Júnior

Circular seguro deportivo

 

Clínicas concertadas con este Seguro

(’Lea o resto deste artigo »’)

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

O sitio web para dar de alta o seguro da Xunta está xa activo

 

O sitio web da Dirección Xeral para O Deporte da Xunta da Galiza (Deporte Escolar Galego - Competición deportiva) xa está activo para poder dar de alta os seguros deportivos dos xogadores/as e corpo técnico das categorías Cadete e Infantil (e por suposto de Alevín e Benxamín, que finalmente tamén estará coberto por este seguro institucional).

www.deporteescolargalego.org

  • Os asegurados na tempada pasada conservarán o seu mesmo número de afiliación. Soamente tense que trocar a tempada (e se cambia, a categoría)
  • Ollo cos trocos de clube! O clube de orixe terá que dar de baixa primeiro ao xogador/a para que o clube de destino poida darlle de alta finalmente. Esta xestión é imprescindible.
  • Lémbrese que no Servizo de Deportes da Xunta da Galiza da Casa do Deporte de Vigo, polas mañás, haberá unha persoa que atenderá tódalas as dubidas e problemas que se atopen nas xestións a realizar neste sitio web. Télefono 986208568

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

Documentación necesaria para inscribi-los equipos

Dado que o día 7 pechámo-lo plazo para a inscrición nas Ligas Previas DVB ás Ligas Galegas correspondentes, coa intención de empezar a xogar o fin de semana seguinte, o prazo para a presentación da documentación necesaria remata o mesmo día 7. Hai que lembrar a carencia do seguro deportivo que é de 5 días.

A documentación a presentar pódese atopar para a súa descarga na web da FGB ou premendo nos enlaces correspondentes. Os documentos precisos son:

Se o club ó que pertence ó equipo é a primeira vez que participa en competicións autonómicas, ademáis deberá presentar a seguinte:

Toda esta documentación deberá vir acompañada do correspondente xustificante de ingreso na conta bancaria da F.G.B. (CaixaGalicia: 2091 - 0392 - 90 - 3040002932) das cantidades preceptivas1. Lembramos que en categorías cadete e inferiores as licenzas non teñen custo algún, só hai que abonar a inscrición e o aval (só un aval por club no equipo de maior categoría). Non se recollerá documentación algunha se non se efectúa e documenta previamente o pago bancario correspondente.

En beneficio de todos prégase acelera-los trámites.

  1. Se se precisa dun presuposto, prégase que se contacte coa DVB previamente [*]

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

Débedas de algúns clubes

Non deixaremos de reiterar que aínda hai algúns clubes con débedas pendentes de abonar ao Comité de Árbitros ou mesmo á DVB.

E estes, sexan da categoría ou tipo e importancia que teñan, deben ter ben en conta que:

A súa inscrición na FGB non será aceptada nin tramitada no entanto que ditas débedas non desaparezan

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos