Arquivo de Torneos

Día do Minibásquet 2009

Convócase a edición 2009 do Día do Minibásquet desta Delegación que se celebrará o día 30 de maio, e como en anos anteriores, de 10:00 a 14:00 horas no Colexio Marista O Pilar (alevíns) e no Colexio “La Enseñanza” da Compañía de María (benxamíns).

O prazo de inscrición de equipos remata o vindeiro xoves 21 de maio ás 19:30 horas, pero poderase pechar antes se se chega ao tope máximo de equipos inscritos antes desa data. A inscrición admitirase por estricta orde de chegada a esta Delegación ata completar 20 equipos alevíns e 20 benxamíns.

Non se admitirán inscricións de xogadores/as sen seguro deportivo en vigor.

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

Memoriais “Ico Tapias” e “Horacio Silva” 2008

 

O baloncesto vigués honra anualmente a estas dos queridas figuras malogradas de nuestro baloncesto…

Así pois este ano, coa colaboración do clube Porriño B.B. e o Concello de O Porriño, os dous Memoriais serán do seguinte xeito:

 

 

 

MEMORIAL “ICO TAPIAS”

Sábado, 20 de setembro, as 10.00 horas no Pavillón Municipal de O Porriño

Partido feminino 3X1 entre

Canteiras Porriño Liga FGB-Pabellón de Ourense-Canteiras Porriño Junior

MEMORIAL “HORACIO SILVA”

Luns, 22 de setembro, as 21.15 horas no Pavillón Municipal de O Porriño

Partido masculino entre

Canteiras Porriño Liga FGB-C.B. TUI Liga FGB

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

Finais do Trofeo Deputación de Pontevedra de Minibásquet

Os encontros disputáronse no Pavillón da Escola de Maxisterio de Pontevedra o mércores 11 entre os campións das delegacións Arousana e Viguesa. Así ás 18:00 a final masculina enfrontou ó Marín Peixe Galego contra o Autoescola Coia Seis do Nadal, resultando vencedores os vigueses.

O segundo partido celebrouse ás 19:30 h entre o Seis do Nadal A e o Arxil, sendo o resultado final 47-38 favorable tamén as viguesas, co que o Club Seis do Nadal Coia fixo pleno levándose os dous campionatos provinciais. Entregou os trofeos e medallas o deputado provincial encargado de deportes, Sr. Sotelo.

Trofeo Deputación de Pontevedra de Minibásquet

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

Día do Minibásquet 2008 - Descarga de Calendarios e Normas básicas

 

Descarga do documento de Word cos calendarios de xogo e normas básicas.

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

Día do Minibásquet 2008

O sábado, día 31 de maio temos unha cita anual co baloncesto na súa pura esencia:

O Día do Minibásquet

Co obxectivo só de pasalo ben, xogar, e de cando en vez, Laughing Out Loud acadar unha canastra, 40 equipos daranse cita na mañana do sábado nos Colexios Marista ‘El Pilar’ (categoría alevín mixto e feminino) e Compañía de María ‘La Enseñanza’ (categoría benxamín mixto).

Os calendarios de xogo e normas básicas enviaranse por correo-e aos equipos de clubes inscritos.

E non temos medo á chuvia! Os nenos e nenás máis pequenos estarán a coberto na Compañía de María. Para o Colexio Marista, temos un plan alternativo en caso de chuvia.

Esperámovos alí!

Colaboradores: O Comité Vigués de Arbitros, a Concellería de Deportes de Vigo, BEGANO Coca-cola, Cruz Vermella de Vigo e Jalda Deportes.

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

Fase local do TRIBASKET na DVB

Tribasket

 

Que é o TRIBASKET?

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

Apasionante fin de semán minibasqueteiro en Baiona

Completa información no sitio web do C.B. Baiona

http://www.clubbaloncestobaiona.com/minibienvenida08.html

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

VIII Torneo Internacional CAIXANOVA de Minibásquet

PRESENTACIÓN OFICIAL DO VIII TORNEO INTERNACIONAL CAIXANOVA DE MINIBÁSQUET

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia é o organizador do VIII Torneo Internacional de Minibásquet 2008, unha cita deportiva que se celebrará os días 15 e 16 de marzo, co patrocinio de Caixanova.

A cita foi presentada na mañá do pasado martes 13 de marzo no Centro Cultural Caixanova, arroupada polo Director de Publicidade da entidade patrocinadora, Jorge Santos; o Presidente do club anfitrión, Jesús Outeiral; a súa Vicepresidenta, Mar Lago; o Director Deportivo do Seis do Nadal, Sergio González; e Aalí Mohamed, Presidente de Honra do Club.

Os poñentes, nas súas alocucións, manifestaron o impulso que torneos como o organizado polo noso club, supoñen como apoio fundamental ao deporte base. Nesta liña, Jorge Santos manifestaba o seu “público recoñecemento á labor do Club Baloncesto Seis do Nadal -Coia, polo seu número de licencias e pola promoción que fai do baloncesto”. Pola súa parte, Jesús Outeiral, agradeceu o apoio de institucións como Caixanova, “que valoran e estiman o deporte dos máis pequenos”.

Cunha traxectoria de sete anos, a experiencia é unha das grandes bazas adquiridas ao longo deste tempo. Desde que o torneo internacional comezou a rodar no ano 2001  cunha decena de equipos participantes, a metade en categoría masculina e a outra en feminina, o índice de participación foi subindo paulatinamente, coa prudencia necesaria para ir configurando un evento deportivo nas sempre delicadas categorías inferiores.

 

Nesta nova edición do torneo que se celebrará nesta fin de semana do 15 e 16 de marzo, doce serán os equipos que se enfrontarán nas canchas do Pavillón Municipal de Coia,  no propio Colexio Seis do Nadal e no Colexio Eijo Garay. Os clubs convocados para esta fin de semana son, en categoría feminina, os equipos “A” e “B” do Seis do Nadal, Canteiras de Porriño, Maristas Celta de Vigo, Club Baloncesto Arxil de Pontevedra e G.D. Gafanha de Portugal. En categoría masculina estarán representados os clubs Marín Peixe Galego, Canteiras de Porriño, os portugueses do G.D. Gafanha e Juventude Pacense, e os equipos “A” e “B” do anfitrión Seis do Nadal.

O volume de participación alcanza máis de 150 xogadores e xogadoras, con 22 encontros que se disputarán na súa totalidade entre as dúas xornadas de sábado e domingo. A organización acompaña o Torneo Internacional coa celebración de actos paralelos que activan a dinámica do encontro en Coia, con competicións nas que se pon a proba a destreza dos xogadores, con eliminatorias de tiro libre, comidas de convivencia e un enriquecedor programa de acollida, onde as deportistas e os xogadores portugueses residen nos fogares e casas dos propios xogadores e xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

 

TODO PREPARADO PARA O VIII TORNEO INTERNACIONAL CAIXANOVA MINIBÁSQUET

Xa está todo preparado para o VIII Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet “25 Anos en Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo” organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia no ano no que se celebra o seu 25 Aniversario.

Este torneo se celebrará na fin de semana do 15 e 16 de marzo. O sábado 15 terá lugar o torneo de categoría feminina nas instalacións do Colexio Seis do Nadal, do Colexio Garay e do Pavillón Municipal de Coia, e o domingo 16 terá lugar o torneo de categoría masculina no Pavillón Municipal de Coia.

Os equipos que participarán no torneo de categoría feminina serán: Seis do Nadal “A”, Seis do Nadal “”B”, G.D. Gafanha (Portugal), Canteiras Porriño (Porriño), Real Club Celta (Vigo) e C.B. Arxil (Pontevedra). En categoría masculina os equipos participantes son: Seis do Nadal “A”, Seis do Nadal “B”, G.D. Gafanha (Portugal), Canteiras Porriño (Porriño), Marín Peixegalego (Marín) e Juventude Pacense (Portugal).

Nas próximas semanas aparecerá nesta web máis información sobre os grupos, os calendarios, o reglamento do torneo, os concursos, o III Torneo Internacional Benxamín, as actividades paralelas e moitas outras novidades e sorpresas desta nova edición do Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet 2008.

 

Calendario

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos