Arquivo de Ligas FGB

Suspendidas TODAS as LIGAS FGB e ZONAIS por mor da Situación Meteorolóxica

Suspendidas TODAS as LIGAS FGB e ZONAIS por mor da Situación Meteorolóxica

Seguindo instrucións da Consellería de CULTURA E DEPORTE da Xunta de Galicia e en vista da situación meteorolóxica da nosa Comunidade,  a Federación Galega de Baloncesto  toma a decisión de SUSPENDER A XORNADA correspondente ao fin de semana do 31 de Xaneiro e 1 de Febreiro.

Polo tanto suspéndense TODOS os encontros de carácter autonómico e zonal a disputar na nosa Comunidade Autónoma.

Así mesmo, habilítase como data de xogo desta Xornada o día 19 de Marzo do 2009.

As categorías nas que non se xogará ningunha competición son as relacionadas a continuación:

- 1ª DIVISIÓN MASCULINA.
- LIGA FGB SÉNIOR MASCULINA.
- LIGA FGB SÉNIOR FEMININA.
- LIGAS SÉNIOR ZONAIS E INTERZONAIS.
- LIGAS JÚNIOR ZONAIS, INTERZONAIS  E AUTONÓMICAS.
- LIGAS CADETES ZONAIS E AUTONÓMICAS.
- LIGAS INFANTÍS ZONAIS E AUTONÓMICAS.
- LIGAS MINIBASKET.
- LIGAS PREMINIBASKET.

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

Circular sobre aliñación de xogadores/as nas Ligas Previas

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

Documentación necesaria para inscribi-los equipos

Dado que o día 7 pechámo-lo plazo para a inscrición nas Ligas Previas DVB ás Ligas Galegas correspondentes, coa intención de empezar a xogar o fin de semana seguinte, o prazo para a presentación da documentación necesaria remata o mesmo día 7. Hai que lembrar a carencia do seguro deportivo que é de 5 días.

A documentación a presentar pódese atopar para a súa descarga na web da FGB ou premendo nos enlaces correspondentes. Os documentos precisos son:

Se o club ó que pertence ó equipo é a primeira vez que participa en competicións autonómicas, ademáis deberá presentar a seguinte:

Toda esta documentación deberá vir acompañada do correspondente xustificante de ingreso na conta bancaria da F.G.B. (CaixaGalicia: 2091 - 0392 - 90 - 3040002932) das cantidades preceptivas1. Lembramos que en categorías cadete e inferiores as licenzas non teñen custo algún, só hai que abonar a inscrición e o aval (só un aval por club no equipo de maior categoría). Non se recollerá documentación algunha se non se efectúa e documenta previamente o pago bancario correspondente.

En beneficio de todos prégase acelera-los trámites.

  1. Se se precisa dun presuposto, prégase que se contacte coa DVB previamente [*]

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

Ligas previas DVB de cualificación para as ídem Galegas

Os clubes interesados en participar nas Ligas previas DVB, imprescindibles para ter opción á cualificación nas Ligas Galegas de Junior, Cadete e Infantil tanto masculino como feminimo deberán apresurarse en comunicar a súa inscrición en ditas ligas, xa que o prazo de inscrición nelas remata o 7 de setembro do 2007 ás 18:45.

Lémbrase que soamente se pode inscribir un equipo por club en cada unha das categorías.

Nesa mesma data celebraránse as reunións preparatorias de ditas ligas previas de acordo co seguinte horario:

JUNIOR MASCULINO: 19:00

JUNIOR FEMININO: 19:20

CADETE MASCULINO: 19:40

CADETE FEMININO: 20:00

INFANTIL MASCULINO: 20:20

INFANTIL FEMININO: 20:40

A documentación, licencias e trámites federativos de tódolos equipos deberá estar realizada antes de dita data. Lémbrase que os pagos das obrigas económicas deberanse realizar na conta da FGB -e xustificarse por escrito- antes da presentación das licencias e inscrición.

Esta DVB ten previsto o comezo destas competicións no fin de semana do día 15 de Setembro.

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

Sistemas de clasificación para as Ligas FGB de base

Baloncesto base

 

 

Para que os clubes interesados teñan ben claro cal será a composición dos equipos nas diferentes Ligas FGB de Junior, Cadete e Infantil reproducimos aquí a normativa aprobada nas Bases de Competición. Lémbrase que os clubes xa deben ir tomando unha decisión sobre a súa participación ou non na fase previa de clasificación, que no será la competición zonal de la categoría.

 

 

 

(’Lea o resto deste artigo »’)

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos