Arquivo de Documentación

As Clínicas POVISA e Fátima deixan de prestar servizos ao seguro ASISA

A aseguradora deportiva ASISA comunica que o único Centro Concertado de Urxencias en Vigo para este ano 2009 é o Sanatorio Nosa Sra do Perpertuo Socorro, xa que o concerto coas Clínicas POVISA e Fátima non foi renovado.

Lémbrase que Asisa é a compañía aseguradora contratada pola Xunta de Galiza para as competicións das categorías Benxamín, Alevin, Infantil e Cadete.

Isto significa que en ditas clínicas POVISA e Fátima non se atenderán lesións deportivas, e se así fose ASISA non se fará cargo da factura.

De seguido pódese descargar en formato .pdf o Cadro Médico de ASISA para a provincia de Pontevedra no 2009.

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

O Regulamento de Xogo de Minibásquet na FGB

Regulamento de Mini BasketOfrécese para descarga en formato .pdf o Regulamento de xogo polo que se rexirán as competicións de Minibásquet da FGB na tempada 2007-2008.

Descarga –> Descarga en .pdf

Despois de celebradas as reunións preparatorias das competicións zonais de Alevín e Benxamín desta Delegación os trocos regulamentarios para as mesmas son os seguintes:

BENXAMÍN:

Artigo 8.- Tempo de xogo

A cronometraxe dos 6 períodos de xogo será co reloxo sempre en marcha, excepto nos tempos mortos (1 por cada período)

Artigo 14.- Sustitucións

Aínda que non se poida cumprir co establecido neste artigo, os equipos poderán presentar un mínimo de 8 xogadores/as pero tódolos/as presentados/as terán cumprir co este artigo, é dicir, xogar polo menos dous períodos dos cinco primeiros.

Regras eliminadas que non se observarán nin se sinalará violación algunha:

-24 segundos de posesión

-8 segundos

-3 segundos en área restrinxida

ALEVÍN:

Artigo 8.- Tempo de xogo

A cronometraxe dos 5 períodos de xogo será co reloxo sempre en marcha, excepto nos tempos mortos (1 por cada período e equipo). No período sexto, os cinco primeiros minutos serán co reloxo sempre en marcha, excepto nos tempos mortos (un por equipo). Nos últimos tres minutos deste período, se o resultado amosara unha diferencia de menos o igual a 15 puntos a favor de un dos equipos, xogarianse con cronometraxe FIBA (a reloxo parado). Noutro caso, xogarianse tamén co reloxo sempre en marcha, excepto nos tempos mortos (se estiveran esgotados xa).

Artigo 14.- Sustitucións

Os equipos deben presentar coma mínimo 10 xogadores/as para cumprir coa esta regra.

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

Circular sobre aliñación de xogadores/as nas Ligas Previas

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

Remitido: Outra oferta de Recoñecementos Médicos

Acusamos recibo desta nova oferta de recoñecementos médicos para a seguridade de todos (clubes, xogadores/as, pais e nais e para a propria FGB que obrigatoriamente ficará reflectido na licencia de xogo). Temos que deixar ben claro que o estamento federativo non participa de xeito algún económicamente nestas ofertas médicas. Máis ben ao contrario, xestiona mellores prezos para o nosos deportistas, ou os seus clubes ou pais e nais.

Oferta do Dr. Juán José Crespo da Clínica Deportiva Fátima de Vigo

(’Lea o resto deste artigo »’)

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

O sitio web para dar de alta o seguro da Xunta está xa activo

 

O sitio web da Dirección Xeral para O Deporte da Xunta da Galiza (Deporte Escolar Galego - Competición deportiva) xa está activo para poder dar de alta os seguros deportivos dos xogadores/as e corpo técnico das categorías Cadete e Infantil (e por suposto de Alevín e Benxamín, que finalmente tamén estará coberto por este seguro institucional).

www.deporteescolargalego.org

  • Os asegurados na tempada pasada conservarán o seu mesmo número de afiliación. Soamente tense que trocar a tempada (e se cambia, a categoría)
  • Ollo cos trocos de clube! O clube de orixe terá que dar de baixa primeiro ao xogador/a para que o clube de destino poida darlle de alta finalmente. Esta xestión é imprescindible.
  • Lémbrese que no Servizo de Deportes da Xunta da Galiza da Casa do Deporte de Vigo, polas mañás, haberá unha persoa que atenderá tódalas as dubidas e problemas que se atopen nas xestións a realizar neste sitio web. Télefono 986208568

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

Bases de Competición para as LIGAS PREVIAS DVB 2007-2008

NORMAS COMÚNS

  1. Non se aceptará o aprazamento de ningún partido incluíndo aqueles nos que se teña que utilizar xogadores-as en categorías superiores.
  2. Para todas estas ligas previas o horario de sinalamento de comezo dos partidos é o seguinte:

Sábados e Domingos de 10:00-12:30 e de 16:00-20:00

  1. O prazo para a comunicación á DVB das horas de xogo dos partidos remata os mércores as 19.00 horas.  Pasada dita hora o partido do que non se teñan noticias será desprogramado e proposto como perdido ao equipo locatario.
  2. Non é necesario o uso do aparello de 24 segundos. Esta regra de xogo será atendida manualmente polo cronometrador do partido.
  3. O balón BADEN bicor de coiro é perfectamente válido para estes partidos

(’Lea o resto deste artigo »’)

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

Documentación necesaria para inscribi-los equipos

Dado que o día 7 pechámo-lo plazo para a inscrición nas Ligas Previas DVB ás Ligas Galegas correspondentes, coa intención de empezar a xogar o fin de semana seguinte, o prazo para a presentación da documentación necesaria remata o mesmo día 7. Hai que lembrar a carencia do seguro deportivo que é de 5 días.

A documentación a presentar pódese atopar para a súa descarga na web da FGB ou premendo nos enlaces correspondentes. Os documentos precisos son:

Se o club ó que pertence ó equipo é a primeira vez que participa en competicións autonómicas, ademáis deberá presentar a seguinte:

Toda esta documentación deberá vir acompañada do correspondente xustificante de ingreso na conta bancaria da F.G.B. (CaixaGalicia: 2091 - 0392 - 90 - 3040002932) das cantidades preceptivas1. Lembramos que en categorías cadete e inferiores as licenzas non teñen custo algún, só hai que abonar a inscrición e o aval (só un aval por club no equipo de maior categoría). Non se recollerá documentación algunha se non se efectúa e documenta previamente o pago bancario correspondente.

En beneficio de todos prégase acelera-los trámites.

  1. Se se precisa dun presuposto, prégase que se contacte coa DVB previamente [*]

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

Regulamento Xeral e Disciplinario da FGB

Xa está tamén dispoñible o Regulamento Xeral e Disciplinario da FGB para a temporada 2007-2008.

Ofrécese este documento en formato .pdf a título informativo, estando totalmente prohibida a súa reproducción ou publicación sen expresa autorización da FGB.

Descarga (prema) –> .pdf

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

As Bases de Competición 2007-2008 da FGB, dispoñibles xa

Xa están dispoñibles as Bases de Competición da FGB para a temporada 2007-2008.

Ofrécese este documento en formato .pdf a título informativo, estando totalmente prohibida a súa reproducción ou publicación sen expresa autorización da FGB.

Descarga (prema) –> .pdf

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos