Arquivo de Presidencia

Até aquí chegou este sitio web, decano dos sitios web federativos no estado español

Chegada é a hora…Este sitio web deixará de ser actualizado desde este intre e artigo actual.

Pero non queremos que deixe de estar visible e presente na rede. Permanecerá on line para que sea testemuña da súa longa existencia. E sobre todo a información gráfica do sitio web histórico, que case que comezou a súa andaina cos inicios da Internet pública no estado español…


Sitio web da DVB antigo

Algunhas seccións do sitio web antigo da DVB1 poden seguir a ser de interese, e lembrámolas aquí2 :

  1. Decano dos sitios web federativos en España [*]
  2. Pode que algunhas ligazóns xa non estean operativas dada a súa senectude [*]
  3. Tomadas por Jorge González Marqués, agás especificado doutra autoría [*]

 

Lembren que seguimos presentes no sitio web da FGB…

 

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

Obituario: Israel Alvarez García

Lamentamos comunicar a toda a comunidade do Baloncesto desta Delegación que o pasado día 2 de Xaneiro finaba D. Israel Álvarez García, xogador que era do Oh! Vigo Club de Baloncesto, despois do seu paso polo Bosco e Mercantil.

Esta Delegación, e mesmo a FGB, comparte a dor e mágoa co que comeza o ano 2009, e quere transmitir á súa familia, amigos e compañeiros de clubes a súa profunda e sentida condolencia e sentimento de compañía neste intres.

Alberte Zato

Vicepresidente da FGB

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

D. Ernesto Segura de Luna e o Baloncesto da DVB

 

A DVB e o baloncesto vigués e comarca, como o resto do baloncesto do estado español e galego, tamén sinte o pasamento de D. Enesto Segura de Luna.

A súa longa labor dirixente no baloncesto hispano ficará sempre coma testemuña da súa valía e bo facer como base á antiga usanza do equipo directivo da FEB.  Con forza, lúcido e incansable atá os últimos anos, a pesares da súa avanzada idade, amosou sempre firmeza e máis señorío. Evidentemente ninguén é perfecto, e aínda que discutibles algunhas decisións, sempre tomadas con boas maneiras e formas.

As súas precisas e axeitadas visitas ao Baloncesto vigués -e non sempre en circunstancias felices- serán lembradas polo seu seny e saber estar, sen quer causar molestias innecesarias, a pesares da súa condición de máximo dirixente do baloncesto.

Ficamos co seu sorriso e a lembranza dun excelente dirixente deportivo. E as nosas condolencias a súa familia.

 

 

 

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

David Guillán, 25 anos de arbitraxe

Co gallo do cumprimento de 25 anos de arbitraxe do vigués David Guillán, e en presencia dos seus compañeiros e compañeiras do Comité Vigués, lle foi entregado o mércores 18 de xuño de mans do presidente da FGB, Francisco Martín, unha lembranza conmemorativa desta celebración, como símbolo dun labor continuado e tenaz a prol da arbitraxe do baloncesto galego e da FEB.

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

Condolencias polo pasamento de D. Genaro Borrás, grande sanador de deportistas

En nome de todo o baloncesto vigués e da súa demarcación quero expresar á súa familia, achegados e deportistas en xeral as nosas condolencias polo pasamento de D. Genaro Borrás, grande sanador de deportistas, e claro está, de baloncestistas.

E de xustiza que o deporte en xeral o lembre e honre.

Alberte Zato

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

Sentidas condolencias ao noso Julio Bernárdez, fillos e familia

Día agridoce no baloncesto vigués e galego. Mentres todos e todas celebramos con agarimo os éxitos do noso baloncesto de élite, temos que compartilo coa tremenda mágoa e desolación dunha familia que perde á súa esposa e nai.

A grande familia do baloncesto vigués e galego quere facer chegar as súas máis sentidas condolencias ao noso dilecto e caro amigo Julio Bernárdez, o seus fillos e a súa famila, polo pasamento da súa esposa Dña. Monserrat Palmón. Esperamos que tódolos seus amigos do baloncesto poidan axudar a paliar un pouco estes dolorosos momentos.

Como mostra de respecto e aprecio por está familia tan cercana ao noso baloncesto, en tódolos partidos a celebrar este fin de semana na DVB haberá un minuto de silencio antes do comezo dos mesmos.

Alberte Zato, presidente-Delegado da DVB

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

Débedas de algúns clubes

Non deixaremos de reiterar que aínda hai algúns clubes con débedas pendentes de abonar ao Comité de Árbitros ou mesmo á DVB.

E estes, sexan da categoría ou tipo e importancia que teñan, deben ter ben en conta que:

A súa inscrición na FGB non será aceptada nin tramitada no entanto que ditas débedas non desaparezan

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos

Nomeamento de Jorge Moreno como Director Xeral e Deportivo do CVAB

Remitido a CLUBES/ENTIDADES da DELEGACIÓN VIGUESA DE BALONCESTO

Pola presente comunícolles que se procedeu ao nomeamento de D. Jorge Moreno Covelo como Director Xeral e Deportivo do Comité Vigués de Árbitros e Oficiais de Mesa de Baloncesto, facendo uso das atribucións delegadas a este Presidente-Delegado.

(’Lea o resto deste artigo »’)

Comentarios ⟲ Volver aos últimos Artigos