D.V.B. XORNADA da SEMANA
D.V.B
Xornada do fin de semana do 6-7 de xuño do 2009
Para ve-la programación a toda pantalla clique en calquera páxina do documento. Para saír de pantalla completa, prema na tecla ESC |
D.V.B
Xornada do fin de semana do 6-7 de xuño do 2009
Para ve-la programación a toda pantalla clique en calquera páxina do documento. Para saír de pantalla completa, prema na tecla ESC |

Convócase a edición 2009 do Día do Minibásquet desta Delegación que se celebrará o día 30 de maio, e como en anos anteriores, de 10:00 a 14:00 horas no Colexio Marista O Pilar (alevíns) e no Colexio “La Enseñanza” da Compañía de María (benxamíns).
O prazo de inscrición de equipos remata o vindeiro xoves 21 de maio ás 19:30 horas, pero poderase pechar antes se se chega ao tope máximo de equipos inscritos antes desa data. A inscrición admitirase por estricta orde de chegada a esta Delegación ata completar 20 equipos alevíns e 20 benxamíns.
Non se admitirán inscricións de xogadores/as sen seguro deportivo en vigor.
A sempre hospitalaria vila d’O Porriño acollerá mañá día 1 de maio o triangular VIGO-SANTIAGO-FERROL da segunda concentración do Campionato Galego de Seleccións Zonais.
A DVB e a FGB quere manifestar o seu agradecemento ao Concello d’O Porriño pola súa amabilidade, e en concreto na Concellería de Deportes e Xerencia das Instalacións deportivas (- D. Julio César Bernárdez sempre tan receptivo ás nosas peticións-).





Moitas grazas tamén a tódolos clubes desta Delegación polo seu traballo constante e coidado que permite a esta DVB contar cuns xogadores e cunhas xogadoras de altísima calidade e entusiasmo. O noso agradecemento pola paciencia amosada coas chamadas e concentracións realizadas polo corpo técnico das nosas seleccións, sempre en busca do mellor escaparate do baloncesto da zona da DVB, espello do que os nosos clubes saber facer e o fan tan ben.
MÁIS DE 400 DEPORTISTAS, 32 EQUIPOS, 16 CLUBES E ENTIDADES, E MÁIS DE 60 TÉCNICOS
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará nesta tempada 2008/09 o IX Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet “Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo”, unha cita anual do club coas categorías inferiores que se celebrará os próximos días 2 e 3 de maio.
Este Torneo de Minibásquet, un dos torneos con maior tradición e prestixio da comunidade galega, que cumpre xa a súa novena edición, reunirá na fin de semana do 2 e 3 de maio ás meiores canteiras de baloncesto da cidade de Vigo, da comunidade autónoma de Galicia e de Portugal, reunindo a máis de 400 deportistas e ao redor de 60 técnicos.
Nesta edición o torneo terá como marco dos encontros os Baixos do Estadio Municipal de Balaídos, contando cun total de 4 pistas nas que se xogarán 42 partidos ao longo das dúas xornadas.
Serán 30 equipos, pertencentes a 16 clubes e entidades distintas de Vigo, Galicia e Portugal, os que participarán no torneo:, 12 equipo en categoría feminina que competirán o sábado 2 de maio, outros tantos en categoría masculina que terán o seu turno de xogo o domingo 3 de maio, e 8 equipos de categoría benxamín participarán no IV Torneo Benxamín.
Como preámbulo a esta 9ª Edición do Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet, o venres 1 de maio no Colexio Seis do Nadal terá lugar este IV Torneo Internacional Caixanova Benxamín “Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo”. Serán os máis pequenos os que den o pistoletazo de saída a unha fin de semana repleta de baloncesto e moita convivencia.

INICIATIVA MAREA ROJA
Rogamos hagáis eco en vuestros medios de que para el próximo encuentro del día 18 ante el LOBE HUESCA se recupera la iniciativa MAREA ROJA.
Es importante para nuestro club conseguir el ambiente de otras noches en As Travesas y que la afición lleve en volandas a nuestros jugadores en tal importante cita.
Recuerda: Prenda roja, entrada gratuita.
GESTIBERICA VIGO – LOBE HUESCA
Jornada 28 Adecco Leb Plata
Viernes 19 Abril – 21.00
Suspendida a 2ª Concentración de Seleccións Zonais de Minibasket 06/02/2009
A Federación Galega de Baloncesto, en base á situación meteorolóxica prevista para este sábado, decide SUSPENDER a 2ª concentración de Seleccións Zonais en Categoría Minibasket que se ía desputar na xornada de mañá na cidade de Sarria.
A Federación Galega de Baloncesto estima, nestes intres, unha nova data de celebración para esta competición. Esta decisión anunciarase en vindeiras datas.
Suspendidas TODAS as LIGAS FGB e ZONAIS por mor da Situación Meteorolóxica
Seguindo instrucións da Consellería de CULTURA E DEPORTE da Xunta de Galicia e en vista da situación meteorolóxica da nosa Comunidade, a Federación Galega de Baloncesto toma a decisión de SUSPENDER A XORNADA correspondente ao fin de semana do 31 de Xaneiro e 1 de Febreiro.
Polo tanto suspéndense TODOS os encontros de carácter autonómico e zonal a disputar na nosa Comunidade Autónoma.
Así mesmo, habilítase como data de xogo desta Xornada o día 19 de Marzo do 2009.
As categorías nas que non se xogará ningunha competición son as relacionadas a continuación:
- 1ª DIVISIÓN MASCULINA.
- LIGA FGB SÉNIOR MASCULINA.
- LIGA FGB SÉNIOR FEMININA.
- LIGAS SÉNIOR ZONAIS E INTERZONAIS.
- LIGAS JÚNIOR ZONAIS, INTERZONAIS E AUTONÓMICAS.
- LIGAS CADETES ZONAIS E AUTONÓMICAS.
- LIGAS INFANTÍS ZONAIS E AUTONÓMICAS.
- LIGAS MINIBASKET.
- LIGAS PREMINIBASKET.
A aseguradora deportiva ASISA comunica que o único Centro Concertado de Urxencias en Vigo para este ano 2009 é o Sanatorio Nosa Sra do Perpertuo Socorro, xa que o concerto coas Clínicas POVISA e Fátima non foi renovado.
Lémbrase que Asisa é a compañía aseguradora contratada pola Xunta de Galiza para as competicións das categorías Benxamín, Alevin, Infantil e Cadete.

Isto significa que en ditas clínicas POVISA e Fátima non se atenderán lesións deportivas, e se así fose ASISA non se fará cargo da factura.
De seguido pódese descargar en formato .pdf o Cadro Médico de ASISA para a provincia de Pontevedra no 2009.

Lamentamos comunicar a toda a comunidade do Baloncesto desta Delegación que o pasado día 2 de Xaneiro finaba D. Israel Álvarez García, xogador que era do Oh! Vigo Club de Baloncesto, despois do seu paso polo Bosco e Mercantil.
Esta Delegación, e mesmo a FGB, comparte a dor e mágoa co que comeza o ano 2009, e quere transmitir á súa familia, amigos e compañeiros de clubes a súa profunda e sentida condolencia e sentimento de compañía neste intres.
Alberte Zato
Vicepresidente da FGB